Felices Festas!
Felices Festas!

PROXECTO FÉNIX:                                    MEDIDAS DE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN INTEGRAL CON MENORES AGRESORES DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

QUE É O PROXECTO FÉNIX?

Un proxecto baseado na prevención da violencia machista e na intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, buscando eliminar condutas de violencia cara as súas parellas ou ex-parellas, diminuír as probabilidades de reincidencia, modificar actitudes sexistas e desenvolver pautas de comportamento que respecten a igualdade.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A menores agresores de violencia de xénero.

 

COMO SE FINANCIA?

O proxecto é gratuíto para as persoas usuarias e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

QUE FACEMOS?

Avaliar a dispoñibilidade o cambio do menor e analizar as motivacións individuais.

Motivar o autocoñecemento e o recoñecemento de emocións e a súa influenza na agresión.

Guiar na modificación das ideas estereotipadas relacionadas cos roles de xénero, así como das que xustifican o uso da violencia.

Proporcionar información e apoio na adquisición de habilidades para a resolución de conflitos e para as relacións igualitarias.

Previr as recaídas potenciando condutas alternativas a agresión e a violencia.

 

COMO O FACEMOS?

A través de:

-Acompañamento individualizado

-Equipo profesional especializado

-Desenvolvemento de habilidades sociais

-Atención e apoio psicolóxico

- Mediación e Terapia Familiar

 

 

 

 

Contacto:

Alar Galicia

Rúa Canella da Deputación,

s/n - 1º   C.P. 27001  Lugo

 

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 803 171

¿Quere facerse socio?

Se quere unirse a nosa asociación, utilice o formulario de contacto para recibir información. ¡Esperámoslle!

Atendémoslle no seguinte horario

Lunes : 8:00 a 15:00 / 16:00 a 20:00

Martes: 8:00 a 15:00 / 16:00 a 20:00

Miércoles 8:00 a 21:00

Jueves 8:00 a 21:00

Viernes 8:00 a 15:00 / 16:00 a 20:00.