Díptico do Proxecto Fénix

Entrevista a Fernando González, director de Alar Galicia, sobre o Proxecto Fénix en Cadena Ser.
Entrevista Proxecto Fénix Cadena Ser.mp3
Archivo de Audio MP3 [10.3 MB]

Areas de actuación do Proxecto Fénix

 

PROXECTO FÉNIX 

 

Medidas de Prevención e Intervención integral con menores agresores de violencia de xénero

 


O proxecto, baseado na prevención da violencia machista e na intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, busca eliminar condutas de violencia cara as parellas ou ex-parellas, dimunuír as probabilidades de reincidencia, modificar condutas sexistas e desenvolver pautas de comportamento que respecten a igualdade.

O proxecto é gratuíto para as persoas usuarias e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Este proxecto estase a desenvolver nas catro provincias galegas dende o mes de setembro de 2019.

Os principais obxectivos do Proxecto Fénix son os seguintes: 

  • Motivar para favorecer o cambio. 
  • Tentar que comprenda que é a violencia e que ten un comportamento agresivo. 
  • Educar o recoñecemento emocional e a súa xestión. 
  • Promover a modificación das crenzas e pensamentos que utiliza para xustificar as súas condutas agresivas a través de técnicas de reestruturación cognitiva.  
  • Realizar xogos de roles para fomentar a empatía. 
  • Ensinar técnicas e habilidades de resolución de conflitos. 
  • Traballar e mellorar as habilidades sociais. 
  • Fortalecer e favorecer o afianzamento da nova identidadenon violenta adquirida. 
  • Erradicar as condutas violentas e reducir o nivel de reincidencia dos participantes. 
  • Minimizar os factores de risco relevantes nos delincuentes de xénero. 
  • Facilitar a adherencia e receptividade ao tratamento por parte dos agresores mediante un enfoque positivo do tratamento. 
  • Introducir melloras no funcionamento psicolóxico dos participantes.

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela (Asesoramento xurídico)

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.