Proxecto Mellora 

MELLORA: PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL E MEDIACIÓN SOCIAL E/OU INTERCULTURAL DIRIXIDO A MULLERES EN EXCLUSIÓN

 

 

 

Poboación destinataria : mulleres en situación de exclusión social.

 

Ámbito territorial : a actuación do Proxecto Mellora abarca a todas as mulleres suscepcibles de incorporarse ó mesmo de toda a provincia de Lugo.

 

Obxectivo xeral : O proxecto Mellora ten como obxectivo temático promover a igualdade, a saúde e a inclusión social. Realizase a través de:

 

. Iterinarios adaptados a cada participante.

. Orientación laboral e acompañamiento social.

. Prospección de empresas supcitibles de contratar.

. Acceso a información sobre os recursos sociais existentes.

. Mediación social e/ou intercultural.

. Asesoramento sobre os dereitos das mulleres.

. Colaboración con outros servizos de inclusión sociolaboral.

 

Obxectivos específicos :

 

 

. Potenciar as capacidades persoais e sociais de cada participante para mellorar a súa inclusión sociolaboral.

. Favorecer a incorporación das persoas participantes a vida laboral e posibilitarlles a asistencia a actividades de formación.

. Promover a inserción e permanencia laboral das mulleres con risco de exclusión social e favorecer a súa promoción profesional.

. Fomentar a igualdade de oportunidades a diferentes niveis. ( persoal, familiar, laboral, social, económico e cultural).

.Favorecer a integración das persoas inmigrantes

.Promover actitudes de tolerancia coa diversidade cultural

. Previr as situacións de risco social dos colectivos con máis dificultades.

 

Resultados esperados : 

 

Mellorar a calidade de atención a mulleres en situación de exclusión social

Fomentar a atonomía e a integración social

.

 

 

 

Desde Outubro en Alar Galicia retomamos o proxecto "MELLORA", un programa de Inserción Sociolaboral dirixido a mulleres.

Se queres acceder ao mercado laboral, se te plantexas mellorar as túas habilidades e capacidades de cara a facilitar a busca de emprego, se necesitas recibir orientación laboral ou social.

 

 

Visítanos en R/ Canella da Deputación, s/n, 1º, 27001, Lugo ou ponte en contacto connosco a través dos teléfonos: 982 24 33 16 / 608 803 171 para obter máis información.

Dentro do Proxecto Mellora contamos cun programa de MEDIACIÓN SOCIAL E/OU INTERCULTURAL, dirixido á integración de mulleres inmigrantes.
Este programa leva a cabo desde o 1 de outubro e está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, e lograr fomentar a autonomía e a integración social (O FSE inviste no teu futuro)

Os días 3,4, 5 e 6 de maio Alar Galicia levou a cabo unha Acción formativa en Fomento da Igualdade de Xénero e prevención da violencia de Xénero enmarcada dentro do Proxecto Mellora.

Esta actividad formativa está subvencionada pola Consellería de política social da Xunta de Galicia e polo Fondo social Europeo.

 

Manipulador de alimentos

Os días 19,20 e 21 de abril Alar Galicia levou a cabo a través da Academia Rafer unha acción formativa de Manipulador de Alimentos.

 

Esta actividade formativa está subvencioinada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O FSE invirte no teu futuro

 

ACCIÓN FORMATIVA ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Esta actividade formativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O FSE invirte no teu futuro

Entre os días 8 e 11 de marzo de 2022, levamos a cabo un OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN A INFORMÁTICA no centro de novas tecnoloxías para as mulleres participantes no Proxecto Mellora. 

Esta actividade formativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O FSE invirte no teu futuro.

Os pasados 8 e 9 de febreiro tivo lugar unha formación impartida por Alar Galicia para as participantes do proxecto Mellora sobre MEDIACIÓN SOCIAL.

Esta actividade formativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O FSE invirte no teu futuro.

O 14 de xullo, e dentro da prospección de empresas que levamos a cabo para o Proxecto Mellora, tivemos unha reunión coa empresa de Santa Lucía para a incorporación laboral das mulleres participantes no proxecto.

Esta acción está incluída dentro das actividades do Proxecto Mellora, subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O FSE invirte no teu futuro.

 

O pasado 16 de xuño impartimos unhas charlas de "Coaching para o desenvolvemento persoal", co obxectivo de favorecer o crecemento persoal, así como aumentar a autoestima e a motivación.

Esta formación está incluída dentro das actividades do Proxecto Mellora, subvecnionado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O FSE invirte no teu futuro.

 

Mulleres participantes no Proxecto realizando prácticas non laboais como limpadoras. 
A realización está subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O FSE invirte no teu futuro.

 

Dende o 18 de maio e ata o 18 de xuño estamos a impartir unha formación de "Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais", de 150 horas letivas e 80 de prácticas laborais, con posibilidade de incorporación laboral.
Esta formación está incluída dentro das actividades do Proxecto Mellora, subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O FSE invirte no teu futuro.

O pasado 15 de abril realizamos unha Acción formativa na biblioteca pública de Lugo sobre "Dereitos laborais e deberes profesionais", onde 10 mulleres poideron asistir ao curso coa finalidade de mellorar as súas capacidades de inserción laboral. Ésta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE).

15 mulleres foron beneficiarias da acción formativa de mediación social e/ ou intercultural levada a cabo os días 11-12-12/26-27-28 de novembro. Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo fondo Social Europeo ( FSE), no marco do programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Durante a semana pasada 6 mulleres realizaron a acción formativa de "habilidades persoais e sociais," incluída no proxecto Mellora financiado pola xunta de Galicia e o Fondo social Europeo.
O obxetivo principal foi dotar as participantes dun repertorio amplo de habilidades instrumentais, cognitivas e control emocional, que poidan utilizar para mellorar a calidade das súas relacións sociais.

O Proxecto Mellora permite a inserción sociolaboral de mulleres en situación de exclusión social. É completamente gratuíto e conta coa financiación da Xunta de Galicia e do FSE. Para máis información diríxete a Alar Galicia no 982243316/608803171 ou no mail alargaliciasocial@gmail.com

PROXECTO MELLORA 2018-2020

Prácticas non laborais (PNL)


Tres participantes do proxecto Mellora tiveron a oportunidade de realizar PRÁCTICAS NON LABORAIS do 10 ao 21 de febreiro. As prácticas tiveron lugar no Centro Aspnais nos perfiles profesionais de coidadora, limpadora e cociñeira.
Esta actuación está financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.
 

No mes de febreiro de 2020 levamos a cabo unha acción formativa de TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO dirixida a mulleres en situación de exclusión social, inscritas no proxecto Mellora baixo o obxectivo de favorecer a súa inserción sociolaboral.
Esta actuación está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Hoxe estamos na biblioteca dando unha charla de Habilidades Persoais e Sociais para favorecer o desenvolvemento persoal das mulleres con o Coach Fernando Piñeiro.

Esta actividade está sendo cuberta pola RTVG sendo financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Durante o mes de novembro algunhas das nosas participantes do Proxecto Mellora realizaron PRÁCTICAS NON LABORAIS en "Aspnais"

As prácticas realizáronse dende o 11 ao 22 de novembro con perfis profesionais como coidadora, limpadora e cociñeira.

Esta actuación está financiada pola Consellería de Política social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A finalidade das prácticas foi mellorar a inserción sociolaboral e coñecer as funcións relativas ao posto.

Por último nos gustaría dar as grazas Aspnais Lugo polo bo trato recibido.

Dende a asociación Alar Galicia levouse a cabo o xoves 24 e venres 25 de outubro de 2019, como actuación do Proxecto Mellora 2018/2020, unha ACCIÓN FORMATIVA DE TÉCNICAS PARA A BUSCA DE EMPREGO dirixida a 13 mulleres en situación de exclusión social.

Esta formación está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo e tivo lugar na sala multiusos da Biblioteca Pública de Lugo.

O fin desta actividade foi cumprir un dos obxectivos do proxecto: mellorar as posibilidades de inserción laboral e favorecer a incorporación das participantes á vida laboral.

Rematamos esta publicación dando as grazas á Biblioteca Pública de Lugo pola boa acollida e o bo trato recibidos

 

Dende a asociación Alar Galicia levouse a cabo o xoves 26 de setembro de 2019, como actuación do Proxecto Mellora 2018/2020, unha ACCIÓN FORMATIVA DE DEREITOS LABORAIS E DEBERES PROFESIONAIS na que participaron 25 mulleres en situación de exclusión social. Esta está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

O fin desta foi cumprir un dos obxectivos do proxecto: Favorecer a incorporación das participantes no mercado laboral, proporcionar información sobre os dereitos laborais e garantir o seu cumprimento e dar a coñecer os deberes profesionais de cara a favorecer adaptación ao posto de traballo.

Rematamos esta publicación dando as grazas á Biblioteca Pública de Lugo pola boa acollida recibida e bo trato recibido.

 

Durante o mes de xuño algunhas das nosas participantes no Proxecto Mellora realizaron PRÁCTICAS NON LABORAIS no Hotel Metropol, Limpezas Ramos Lourés e Carrefour.

Esta actuación está financiada pola Consellería de Política social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo

 

Cartel do Proxecto Mellora

Actividades Proxecto Mellora

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela (Asesoramento xurídico)

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.