Xornadas 2022: Menores e Adiccións

Mércores, 27 de abril: Prevención e sensibilización das adiccións en menores.

O primeiro día das Xornadas comezou co acto de inauguración da man do Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey Sastre, o Concelleiro de Xuventude e Deporte, Mauricio Repetto Morbán, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz e o Director de Alar Galicia, Fernando González Truque. 

A primeira mesa versou sobre os Menores e as Adiccións cas ponencias de D. Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e D. Fernando J. Alonso Fernández, Xerente da Fundación Galega contra o narcotráfico. 

A segunda mesa tratou o Xogo patolóxico e os delitos telemáticos, cas intervencións de D. Hector Pérez Arias, Inspector Xefe da Unidade de Delincuencia especializada en delitos telemáticos e financeiros de Lugo (UDEF).

 

 

Xoves, 28 de abril: Adiccións e delincuencia Xuvenil.

O segundo día comezou ca mesa adicada a Tecnoloxía e a violencia de xénero, cas intervencións de D. Francisco J. Vázquez Fernández, Xefe do Grupo Operativo da Unidade de Policia Autonómica (UPA) en Lugo e Dna. Patricia Fernández Varela, psicóloga de Alar Galicia.

Rematou o día ca mesa acerca do Impacto das adiccións na conduta Xuvenil que contou cos relatos  de Dna. Gabriela Kleps, Medico da Unidade de condutas adictivas de Lugo, e D. Óscar Viñas Penelas, Director do centro de menores Santo Anxo de Rábade. 

Venres, 29 de abril: Redes Sociais e Saúde Mental.

O último día das xornadas, iniciáronse ca mesa A novas tecnoloxías e o contro parental, ca intervención de D. Fernando González Truque, Director de Alar Galicia e cun posterio debate aberto. 

A segunda e última mesa estivo adicada o Impacto emocional das NOvas Tecnoloxías na Adolescencia, que contaron con Dna. Marta Rodríguez Álvarez, psicóloga e profesora de psicoloxía da UNED, e con Dna. Cristina Casal Pena, psiquiatra do servizo de consultas de transición a asolescencia do SERGAS:

O acto de peche contou con D. Begoña Seco Varela, Xefa Territorial de Sanidade en Lugo, Dna, Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo e D, Fco. Javier Vázquez, Xefe Territorial de Política Social.

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela (Asesoramento xurídico)

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.