Proxecto Coaching Menores

O Proxecto Coaching Menores funciona en toda Galicia dende o ano 2001, financiado pola Xunta de Galicia. Cada ano, máis de 50 menores beneficianse da atención primaria e das actividades colectivas de maneira gratuita.

¿Qué é Coaching Menores?

Acompañamento profesional a menores que atopan serias dificultades de incorporarse á vida social normalizada.

 

¿Coach?

Os Coach son profesionais que traballan en medidas de prevención e acompañamento profesional, e que serven de apoio e estímulo á superación de situación de dificultade persoal idividual e colectiva producidas por sucesos de diversa índole.

 



¿A quén vai dirixido?

A menores de entre 12 e 17 anos de idade que teñan problemas socio-afectivos, familiares ou de relación en xeral, ou que atopen serias dificultades de acceder á información sobre diversas problemáticas que afectan os xóvenes galegos.

 



¿Qué servicios ofrecen?

O traballo coaching consiste no acompañamento individualizado dos menores co obxecto de cubrir as súas expectativas e necesidades, transformando posibles situacións existentes de conflicto en momentos superados de maneira positiva.

 

¿Onde podo atopar este servicio?

A sede central dos talleres coaching está sita en R/ Canella da deputación s/n. O servizo é gratuíto. O teléfono de contacto é o 982.24.33.16, e as direccións de correo electrónico alargaliciasocial@gmail.com ou coachingmenores@gmail.com

 

 



Os días 29 e 30 de marzo estivemos realizando un Obradoiro de Autoestima cos rapaces e rapazas participantes no Proxecto Coaching Menores, ao que asistiron 30 usuarios.

 

Durante a segunda quincena do mes de agosto realizouse unha actividade deportiva de iniciación ao karate impartida por un dos usuarios do programa Coaching Menores que ten un nivel avanzado neste deporte. Deste xeito, démoslle a oportunidade ao propio menor de auto realizarse como mestre ou docente no deporte que leva tantos anos practicando, ademais de fomentar a creación dun grupo deportivo e a interacción entre os usuarios do programa.

O mércores 7 de xullo fixemos unha excursión ao Parque Zoolóxico Ornitolóxico de Avifauna, situado na localidade de Outeiro de Rei. A esta viaxe asistiron 16 rapaces e rapazas do Proxecto Coaching Menores, e puidemos observar de preto mais de duascentas especies de aves procedentes de todo o mundo coma avestruces, flamencos, casuarios, aguias, etc.

O día 1 de xullo levouse a cabo a realización dun mural coletivo sobre integración intercultural no que participaron 9 usuarios do programa cos obxectivos de fomentar alternativas de ocio saudable, fomentar a cooperación e a cohesión no grupo de iguais e fomentar e establecer relación entre os membros do grupo.

Os días 6 e 13 de maio de 2021 realizáronse sendos obradoiros de habilidades sociais na biblioteca pública de Lugo, cunha asistencia total de 12 menores incluídos no Proxecto Coaching Menores.

A través de charlas, exposicións e dinámicas de grupo ofréceselles aos menores as ferramentas para mellorar as súas relacións interpersoais, a forma de communicarse, etc.

Alar Galicia iniciou no mes de xaneiro de 2021 o Programa Coaching Menores, subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, que se desenvolve na provincia de Lugo.

Actividades Coaching Menores 2021

 

Contacto:

Alar Galicia

Equipo de intervención Este

A Coruña

Teléfonos: 881048920

 

Equipo de intervención Oeste

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                

Correo electrónico: alar.galicia@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.