PROXECTO MELLORA MÁIS

A través dun acompañamento individual e actividades grupais, axudamos a cada participante a desenvolver as competencias necesarias para avanzar hacia a inserción sociolaboral.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

O programa está dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social que precisen apoio para mellorar a súa empregabilidade e incorporarse ao mercado laboral.

QUE OFRECEMOS?

  • Orientación laboral individual.
  • Deseño dun itinerario personalizado de inserción.
  • Apoio na procura activa de emprego.
  • Elaboración e mellora do currículo.
  • Obradoiros prácticos para mellorar a empregabilidade.
  • Información e derivación a recursos de formación e emprego.

Obradoiros prácticos:

Ao longo do programa organízanse obradoiros sobre temas como:

  • Informática básica para o emprego.
  • Elaboración do currículo.
  • Procura de emprego por Internet.
  • Preparación de entrevistas.
  • Competencias dixitais.
  • Comunicación e traballo en equipo.
  • Trámites online e Administración electrónica (Certificado dixital, Chave 365, Solicitudes electrónicas, SEPE/Xunta).
  • Formación específica para mellorar a empregabilidade, segundo as necesidades detectadas.

O NOSO OBXECTIVO

É que cada persoa adquira ferramentas, coñecementos e confianza para aumentar as súas posibilidades de acceder a un emprego e mellorar a súa autonomía persoal e social.

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela 

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:00 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

 

Martes:

8:00 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

 

Mércores:

8:00 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

 

Xoves:

8:00 a 15:00.

 

Venres:

8:00 a 15:00.