SUICIDIO

Prevención, sensibilización e atención ante as condutas suicidas.

En Alar Galicia traballamos na prevención e abordaxe das condutas suicidas combinando atención, sensibilización e formación.

Prevención e sensibilización

Actuacións de prevención e sensibilización sobre as condutas suicidas.

Atención psicolóxica 

Atención e acompañamento individualizado a persoas que presentan ideación ou condutas suicidas, así como apoio no proceso de intervención.

Formación

Formación e capacitación de profesionais, centros educativos e outros axentes para mellorar a detección, prevención e abordaxe das condutas suicidas.

Programa Voitheia

Proxecto de prevención, sensibilización e asesoramento de persoas con tendencias suicidas e apoio profesional aos grupos máis próximos.

 

As intervencións individuais están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e os 30 anos da provincia de Lugo. 


No ámbito educativo, trabállase tanto co alumnado, como co profesorado e en escolas de pais e nais en todos os centros educativos de Galicia.

 

Programa Nix

Proxecto de prevención, sensibilización e intervención en conduta suicida ou autolítica en persoas maiores do ámbito rural en Lugo.

 Dirixido a persoas maiores e ós grupos máis próximos da provincia de Lugo.

 

Programa Iris

Proxecto de prevención, sensibilización e asesoramento de persoas pertencentes ao colectivo LGTBIQA+ con tendencia suicida ou autolítica e apoio profesional aos grupos máis próximos.

 Dirixido a persoas e ós grupos máis próximos da provincia de Lugo.

 

 

ONDE CONTACTAR? :

 

Lugo

 982 24 33 16 | 608 80 31 71

Santiago de Compostela 

             685 99 43 02

 

Emails de contacto:

alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

Horario de atención:

MAÑÁS: 8:30 a 14:00.

TARDES: 16:00 a 19:00.

 

Os venres só estamos pola mañá.