Unha xornada para reflexionar, compartir coñecementos e impulsar estratexias de prevención, detección e intervención fronte á violencia dixital de xénero.

 

Estas xornadas pretenden sensibilizar, formar e promover a reflexión sobre a violencia de xénero dixital, todo un reto hoxe en día, que require abordaxes integrais, desde a prevención,  a detección e a intervención.  

Diríxense a profesionais, estudantes, entidades sociais e a todas as persoas interesadas na defensa da igualdade e na prevención da violencia de xénero.