O 18 de maio, aproveitando o bo tempo, realizamos cos usuarios do Proxecto Coaching Menores unha actividade de Scape Park nas proximidades das instalación de Alar. A actividade consistiu nunha búsquesa de pistas ata chegar á recompensa. Unha boa tarde de xogo en equipo e merenda grupal. Foi unha tarde divertida e satisfactoria! Virán mais!
Alar Galicia levou a cabo os pasados días 27,28 e 29 de abril as Xornadas Menores e Adiccións no Salón de Actos do Edificio da Xunta en Lugo.
Pódese descargar o relatorio das xornadas onde está reflectido o máis destacado das intervencións. das persoas que expuxeron os seus puntos de vista profesional, dende o ámbito sanitario, social, acádemico e policial.
Este ano o Proxecto Mellora inclue un servizo de Mediación Social e/ou intercultural dirixido a integración das persoas inmigrantes. É completamente gratuito e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, e lograr fomentar a autonomía e a integración social (O FSE inviste no teu futuro)
O día 7 de xullo fixemos unha visita ao Parque Zoolóxico Ornitolóxico de Avifauna con 16 rapaces e rapazas do programa Coaching Menores, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
Durante a visita pudemos coñecer o parque de conservación e recuperación de aves, con mais de 200 especies procedentes de todo o planeta.
O Proxecto Coaching Menores retoma a súa actividade dende o mes de xaneiro deste 2021, financiado pola Xunta de Galicia.
Este consiste no acompañamento individualizado de rapaces/as entre 12 e 17 anos co obxecto de cubrir as súas espectativas e necesidades, transformando posibles situacións de conflicto persoal en momentos superados de forma positiva, de forma que centra a súa actuación en axudar a aprender, no lugar de ensinar.
Podes informarte do funcionamento do proxecto poñendote en contacto con nós a través do teléfono 982.24.33.16 ou no correo electrónico coachingmenores@gmail.com
Presentámosvos o cartaz e o tríptico das próximas xornadas que realizaremos o día 5 de maio de 2021 no salón de actos da Xunta de Galicia, en Lugo, en conmemoración do XX Aniversario da fundación de Alar Galicia.
Se queres asistir como público podes poñerte en contacto con nós no teléfono 982 243 316 ou enviando un correo a alargaliciasocial@gmail.com
Dende Outubro en Alar Galicia estamos levando a cabo o proxecto "MELLORA", un programa de Inserción Sociolaboral dirixido a mulleres.
Se queres acceder ao mercado laboral, se te
plantexas mellorar as túas habilidades e capacidades de cara a facilitar a busca de emprego, se necesitas recibir orientación laboral ou social... Visítanos en R/ Canella da Deputación, s/n, 1º,
27001, Lugo ou ponte en contacto connosco a través dos teléfonos: 982 24 33 16 / 608 803 171 para obter máis información.
.
imagen con texto >>
dirixida a mulleres inmigrantes en situación de exclusión social. Os países de orixe das participantes son: Marrocos, Siria e Arxelia.
Esta actuación enmárcarse no proxecto "Mellora 2018/2020" e está financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo
Acción formativa de Educación Emocional para as mulleres participantes no Proxecto Mellora, financiado pola Consellería de Política social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.Levada a cabo durante os días 27,28 e 29 de marzo.
O obxectivo xeral da acción formativa foi fomentar o desenvolveento emocional e o crecemento persoal das mulleres participantes.
Do 19 ao 27 de novembro realizaremos unha acción formativa de "Alfabetización e competencia oral (nivel iniciación)" dirixida a mulleres inmigrantes en situación de exclusión social. Os países de orixe das participantes son: Marrocos, Siria e Arxelia.
Esta actuación enmárcarse no proxecto "Mellora 2018/2020" e está financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo