O día 10 de setembro é o Día Internacional para a Prevención do Suicidio. NON ESTÁS SÓ, PIDE AXUDA! Dende Alar Galicia contamos co Programa Voitheia, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Proxecto Voitheia

A poboación diana deste proxecto, subvencionado pola Consellería de Sanidade, son os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, residentes na comunidade galega. O foco da intervención establécese nesta franxa de idade debido á realidade estatística á que nos enfrontamos, a idoneidade desta etapa ás liñas de prevención é sensibilización e a susceptibilidade dos máis novos aos factores de risco e desencadeantes das condutas suicidas. Así mesmo, as liñas de actuación seguirán un criterio de equidade, recoñecendo a preferencia dos colectivos máis vulnerables a ditos factores de risco. Enténdese por persoa en risco ou situación de exclusión social á persoa que presenta unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou situación de desemprego, así como algún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social e laboral:

a) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

c) Ter discapacidade valorada superior ao 33 %.

d) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

e) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

f) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

g) Pertencer a unha minoría étnica. 

h) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitucións ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitucións ou de trata de persoas.

i) Ter a condición de persoa transexual ou estará en proceso de reasignación sexual.

j) Calquera outro factor non previsto expresamente que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familia e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. 

 

 

Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos snaitario e educativo ante o risco suicida inganto-xuvenil.
PROTOCOLO RISCO SUICIDA-V.9.pdf
Documento Adobe Acrobat [2.3 MB]
Plan de saúde mental de Galicia poscovid-19 (COMPLETO)
PSMG poscovid-19.pdf
Documento Adobe Acrobat [4.5 MB]
Plan de saúde mental de Galicia poscovid-19
1_asociacion alar_1.pdf
Documento Adobe Acrobat [283.4 KB]
Plan de saúde mental de Galicia poscovid-19
1_asociacion alar (1)_2.pdf
Documento Adobe Acrobat [415.5 KB]

O Proxecto Voitheia levase a cabo a nivel autonómica, nas catro provincias galegas, nos centros educativos, centros de protección e de menores, centros sociais que soliciten a colaboración e toda persoa que precise do servizo.

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela (Asesoramento xurídico)

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.