Programa Teseo

OBXECTIVOS PRINCIPAIS

 Reducir o número de persoas menores que exercen a violencia no ámbito doméstico e escolar.

 Facilitar no ámbito escolar a detección precoz de casos por parte dos equipos docentes de acoso escolar e violencia filio-parental.

 Aumentar as habilidades parentais dos núcleos de convivencia onde se desenvolven relacións conflitivas cos fillos ou fillas.

 Sensibilizar nos ámbitos educativos e axentes sociais en xeral fronte o abuso e acoso escolar tradicional e cibernético. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Nas accións de intervención directa individual e grupal:

 Mellorar as habilidades sociais e instaurar condutas alternativas a violencia e o abuso.

 Aumentar a resiliencia dos e das menores fronte situacións que xeran frustración.

 Aumentar a autoestima das persoas implicadas en conflitos e situacións de abuso.

 Fomentar a creación dunha rede de apoio e de ocio saudable.

Nas accións de prevención nos centros educativos co alumnado, persoal docente e nais, pais e persoas titoras:

 Dar a coñecer as causas da violencia escolar e os tipos de violencia

 Detectar os actos de violencia, reducilos o mínimo.

 Sensibilizar a todo o persoal da comunidade educativa.

O servizo ofrecido as persoas usuarias é gratuíta, cun enfoque de resolución de conflitos positivo. A metodoloxía proposta é a levada a cabo con anterioridade polo persoal técnico de Alar Galicia, cunha efectividade comprobada, baseada en dar unha resposta sistémica os problemas atopados a través dunha intervención socioeducativa e terapéutica as mozas e mozos e o seu entorno, facilitando unha intervención especializada as persoas que se atopan en situacións de conflito. 

 

Contacto:

Alar Galicia

 

 

 

 

 

Lugo

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 80 31 71

 

 

Santiago de Compostela (Asesoramento xurídico)

Teléfono: 675 04 09 36

 

                

Correos electrónicos: alar.galicia@alar-galicia.es

direccion@alar-galicia.es

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.