PROXECTO FÉNIX
Medidas de Prevención e
Intervención integral con menores agresores de violencia de xénero
O proxecto, baseado na
prevención da violencia machista e na intervención integral con menores agresores de violencia de
xénero, busca eliminar condutas de violencia cara as parellas ou ex-parellas, dimunuír as probabilidades de reincidencia, modificar condutas sexistas e desenvolver pautas de comportamento que
respecten a igualdade.
O proxecto é gratuíto para as persoas usuarias
e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Este proxecto estase a desenvolver nas catro provincias galegas dende o mes
de setembro de 2019.
Os principais obxectivos do Proxecto Fénix son os seguintes:
- Motivar para favorecer o cambio.
- Tentar que comprenda que é a violencia e que ten un comportamento agresivo.
- Educar o recoñecemento emocional e a súa xestión.
- Promover a modificación das crenzas e pensamentos que utiliza para xustificar as súas condutas agresivas a través de técnicas de
reestruturación cognitiva.
- Realizar xogos de roles para fomentar a empatía.
- Ensinar técnicas e habilidades de resolución de conflitos.
- Traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Fortalecer e favorecer o afianzamento da nova identidadenon violenta adquirida.
- Erradicar as condutas violentas e reducir o nivel de reincidencia dos participantes.
- Minimizar os factores de risco relevantes nos delincuentes de xénero.
- Facilitar a adherencia e receptividade ao tratamento por parte dos agresores mediante un enfoque positivo do
tratamento.
- Introducir melloras no funcionamento psicolóxico dos participantes.