A poboación diana deste proxecto son os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, residentes na comunidade galega. O foco da intervención establécese nesta franxa de idade debido á realidade estatística á que nos enfrontamos, a idoneidade desta etapa ás liñas de prevención é sensibilización e a susceptibilidade dos máis novos aos factores de risco e desencadeantes das condutas suicidas. Así mesmo, as liñas de actuación seguirán un criterio de equidade, recoñecendo a preferencia dos colectivos máis vulnerables a ditos factores de risco. Enténdese por persoa en risco ou situación de exclusión social á persoa que presenta unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou situación de desemprego, así como algún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social e laboral:

a) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

c) Ter discapacidade valorada superior ao 33 %.

d) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

e) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

f) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

g) Pertencer a unha minoría étnica. 

h) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitucións ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitucións ou de trata de persoas.

i) Ter a condición de persoa transexual ou estará en proceso de reasignación sexual.

j) Calquera outro factor non previsto expresamente que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familia e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. 

 

 

O Proxecto Voitheia levase a cabo a nivel autonómica, nas catro provincias galegas, nos centros educativos, centros de protección e de menores, centros sociais que soliciten a colaboración e toda persoa que precise do servizo.

 

Contacto:

Alar Galicia

Rúa Canella da Deputación,

s/n - 1º   C.P. 27001  Lugo

 

Teléfonos: 982 24 33 16 

                  608 803 171

 

Correo electrónico: alargaliciasocial@gmail.com

 

 

Atendémoslle no seguinte horario

Luns:

8:30 a 15:00 / 16:00 a 21:00.

Martes:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Mércores:

8:30 a 14:30 / 16:00 a 20:00.

Xoves:

8:30 a 14:30.

Venres:

8:30 a 14:30.

Sábado:

9:00 a 14:00.